CRTVG

Buscar

Un xuíz de Vigo exonera a dous okupas por incumprir o confinamento

Publicado o 25/04/2020 12:53
Un xuíz de Vigo exonera a dous okupas por incumprir o confinamento

Un xuíz de Vigo exonerou a dous okupas da cidade por incumpriren reiteradamente o confinamento. Considera o xuíz Juan Carlos Carballal que estar na rúa non é un delito grave. Tamén salienta o xuíz que son persoas que viven na marxinalidade social, xa que un vive nunha casa abandonada e outro figura como residente en Viveiro aínda que foi detectado nas rúas da cidade en múltiples ocasións.