Un xuíz de Lugo ditamina que ter 222 plantas de marihuana na casa non é delito
Publicado o 30/09/2021 13:08

Un xuíz de Lugo ditamina que ter 222 plantas de marihuana na casa non é delito. Así se recolle na sentenza que absolve un veciño de Begonte que fora detido pola Garda Civil e que afrontaba unha petición de catro anos de cadea.
O xuíz non considera probado que o acusado quixese traficar con esa droga, e ve ademais irregularidades na pesaxe das plantas por parte dos axentes. Di que para considerarse delito deberían pesar máis de dez quilos, algo que, segundo o maxistrado, non quedou demostrado.