CRTVG

Buscar

Un xuíz arxentino pide desaforar a Cristina Fernández para detela

Publicado o 07/12/2017 15:19

Novo revés xudicial para a ex-presidenta arxentina Cristina Fernández. Un xuíz solicita o seu desaforamento para que poida ser detida.

Acúsaa de encubrir os iranianos acusados de atentar contra a Mutúa Xudía de Bos Aires en 1994. Esta denuncia xa fora realizada no seu día polo fiscal Alberto Nisman, só catro días antes de aparecer morto, en condicións que aínda están sendo investigadas. O fiscal aseguraba que A Arxentina subscribira un acordo con Irán para investigar ese atentado, pero que só buscaba encubrir os sospeitosos. Agora o Senado deberá votar para saber se permite a dentención da ex-presidenta, acusada de traición á patria. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017