CRTVG

Buscar

Un xubilado ferrolán recrea a cidade en maquetas

Publicado o 02/03/2020 14:32

Aproveitando a cafetería da súa irmá, Carlos deixa algo de espazo libre na casa familiar, onde non cabe nin un alfinete máis pola afección que lle naceu hai 5 anos, cando se xubilou e os fillos lle regalaron a maqueta dun barco para armar. Gustoulle tanto que quixo máis, pero non compradas, e así comezou a argallar ata conseguir os materiais reciclados que lle valían para facer as propias. Ten 140 pezas entre fachadas, monumentos, faros e barcos.

Desde as 6 e media que se ergue, ocupa case todo o día no seu taller ou buscando materiais que reciclar, como paus de espetos para varandas, encaixes que lle sobran á muller ou arames para balcóns e esculturas, caixas de froitas que consegue nunha froitería á que lle reproduciu a fachada ou area de varias praias ferrolás que usa para facer a masa coa que recobre as pezas.

Tamén se permite licenzas como agochar na concatedral de San Xulián a árbore xenealóxica familiar. Logo anda matinando en novos proxectos como a casa de Romero Hermanos ou unha das antigas lanchas a Mugardos, que podería estar a tempo para as próximas exposicións de marzo e abril.

Noticias web

02/03/2020