CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un xubilado de Sada dedícase á construción artística con formigón

Publicado o 06/09/2018 14:27

Achegámonos agora á casa dun xubilado de Sada que, con 80 anos de idade, se dedica á construción artística con formigón. Alí ten reproducións a escala da torre de Hércules, de hórreos e dun carro.

A súa casa e leira neste lugar do concello de Sada, é onde Manolo fai e exhibe as obras en que ocupa os seus días de xubilado. Traballou durante décadas nunha empresa de prefabricados e, como as doenzas da súa esposa lles impiden viaxar, ocupa algunhas horas nestas obras.

Son construcións de formigón a escala que requiren a realización previa de moldes e -explica- sen máis maquinaria que unha amasadora.

A súa obra preferida é tamén a última porque lle lembra a súa procedencia de familia labrega.

Manolo di que lle gustaría facer a escala unha réplica do pazo da Ópera da Coruña, a súa grande obra como profesional en activo.

Segundo conta, ademais destas fixo outras construcións a escala para amigos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí