CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un xoieiro de Outes fai obras de arte con pezas de anticuario

Publicado o 18/04/2017 14:26

Frechas persas, moedas romanas ou amuletos exipcios son algunhas das curiosas antigüidades que se poden encontrar nunha pequena xoiería do municipio de Outes.

Dende hai máis de quince anos, Fernando Gallego encárgase de converter pezas antigas, algunhas delas de máis de 2.500 anos de antigüidade, en auténticas xoias. Todas elas proceden de anticuarios nas que se intenta sempre conservar o seu valor orixinal.

Sen dúbida, o engadido máis importante é que son pezas únicas que poden ser adquiridas dende 400 euros. Talvez por iso, Fernando Gallego comeza a ter numerosas encargas dende diferentes partes do mundo.

Todas as antigüidades entréganse co seu corresponde certificado de autenticidade, e to
das as pezas contan co selo de Galicia Calidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí