CRTVG

Buscar

Un xeolocalizador permite capturar os ladróns de móbiles de alta gama en Galicia

Publicado o 26/02/2019 18:46

A plena luz do día, a cara descuberta e diante de empregados e clientes, así actuaba esta banda de ladróns que roubou en tendas de telefonía de Tui, Boiro e Ponteareas.

De xeito moi rápido entraban nas tendas e levaban os teléfonos de gama alta que estaban nos expositores.

"Este expositor que vemos aquí ten 3 iphones de gama altísima, a máis alta que existe, e estamos falando de que eles estaban roubando 4, 5 ou 6 tendas ao día", di o xerente de Duatel, Juan Carlos Rodriguez.

En só unhas horas roubaron 11 terminais, cos que fuxiron cara a Madrid. Pero un sistema ideado pola compañía Duatel con sede no Porriño para protexer os seus telefónos permitiu localizalos moi pronto.

"Os terminais non se pode deshabilitar esa opción, non se poden apagar e estea onde estea vai dar sempre a súa posición real", explica o xerente de Duatel.

Os ladróns foron localizados nunha gasolineira de Ávila. Levaban once móbiles agochados nun dobre fondo baixo os asentos do coche.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019