CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un viticultor de Toén denuncia o roubo de 3.000 quilos de uva treixadura

Publicado o 14/09/2017 14:19

Un viticultor de Puga, no Ribeiro, denuncia o roubo de tres mil quilos de uva treixadura. Os ladróns vendimaron os mellores acios dunha leira de dúas hectáreas e media que xa se vira afectada pola xeada de abril. O propietario pide máis vixilancia policial e que se denuncien os roubos deste tipo que se producen todos os anos.

Un viticultor do Ribeiro denuncia o roubo de tres mil quilos de uva treixadura nunha viña da súa propiedade. A leira, de dúas hectáreas e media, xa se vira afectada pola xeada da primavera. Dos trinta mil quilos que, de media, ofrece a leira, este ano só puido recoller uns sete mil.

O propietario asegura que se trata dun traballo minucioso, en equipo. Marcaron a leira e vendimaron os mellores acios a primeira hora da mañá. Pide máis presenza da Garda Civil na zona nas datas en que se está a realizar a vendima para evitar este tipo de sucesos.

Este viticultor da parroquia de Puga, no concello de Toén, tiña a produción comprometida cunha prestixiosa adega do Ribeiro e cun pagamento dun euro e medio por quilo. Calcula que os ladróns levaron algo máis de tres mil quilos de treixadura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí