CRTVG

Buscar

Un vigués ten máis de 700 botellas de Coca-Cola de todo o mundo

Publicado o 16/11/2020 21:00

Francisco é un veciño de Vigo que, tras unha viaxe a Marrocos no ano 2.000, decidiu comezar a coleccionar botellas da bebida máis famosa de todo o planeta inventada en Atlanta en 1886, a Coca-Cola.

Ten xa máis de 700 botellas dos cinco continentes, pero non lle serven todos os envases. Só colecciona as botellas de vidro e aluminio.

Tenas expostas na súa casa e ordenadas por continentes. As de cristal por un lado e as de aluminio por outro. Ás veces ten que acudir a un anticuario para conseguir botellas dos anos 90.

A botella que máis lle custou conseguir foi unha de Birmania e á que máis agarimo lle ten é unha de 1953, a primeira que se envasou en España. A pandemia frustrou unha viaxe a Xordania e acabou mercando a botella. As dúas últimas que conseguiu chegáronlle este luns de Turquía.

Noticias web

16/11/2020