CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un vigués, na busca das mellores imaxes dos temporais

Publicado o 18/01/2018 21:41




A natureza sorpréndenos en ocasións con demostracións de forza durante os temporais. Un vigués namorado da meteoroloxía dedícase a capturar as mellores imaxes nas cicloxénexes, como se fose un verdadeiro cazatormentas. Agora, quere poñer os seus coñecementos a disposición dos usuarios a través dunha páxina web.


Este vigués descubriu a súa afección polos fenomenos meteorolóxicos cando aos catro anos viu como un temporal levantou o tellado da casa familiar. Xa como adulto converteuse nun cazatormentas. Co seu cuñado sae en busca das imaxes máis impactantes.

Asegura que foi aprendendo pola súa conta a interpretar os datos e agora lanzou unha web para facer as súas propias predicións estacionais.

Este cazatormentas augúranos un inverno chuvioso e con temperaturas máis baixas do normal.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

18/01/2018