CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un vídeo vincula o fillo dun empresario ligado aos Kirchner cunha rede de lavado de diñeiro

Publicado o 17/03/2016 21:33


Na Arxentina un novo escándalo salpica o kirchnerismo. Un vídeo vincula directamente o fillo dun empresario ligado estreitamente aos ex-presidentes Néstor Kischner e Cristina Fernández cunha rede de lavado de diñeiro cara a contas do exterior.

Un impactante vídeo difundido por unha canle arxentina mostra a tres individuos, entre eles o fillo do empresario Lázaro Báez, principal adxudicatario de obras públicas durante o kirchnerismo no sur do páis e estreito colaborador do expresidente Néstor Kirchner; contando grandes sumas de diñeiro en dólares, euros e pesos nas oficinas de "La rosadita", a financieira ubicada no luxoso barrio de Puerto Madero onde Cristina Fernández ten dous inmobles.

Unha realidade que reforza as sospeitas sobre a rede de lavado de diñeiro que, mediante voos privados a Uruguay, sacaba o diñeiro en efectivo para logo xiralo, presuntamente, a contas en Suiza, e que xa estaba a investigar a xustiza.

"O fiscal que investiga a causa por branqueo contra Báez xa chamara a declarar no seu momento os implicados no vídeo. Agora pediu a análise das imaxes e tamén a colaboración de organismos xudiciais internacionais para seguir o rastro do diñeiro nos EUA, Panamá, Suíza ou Belice, entre outros".

O presidente, Mauricio Macri, na súa campaña persoal contra a corrupción xa transladou a súa indignación e impotencia ó ver as imaxes, e desmentui a idea dun pacto de impunidade coa a súa predecesora no cargo, Cristina Fernández.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

17/03/2016