CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un vídeo moi visto nas redes reivindica a galeguidade Bos Aires

Publicado o 01/01/2018 21:22





'Galicia medra en Bos Aires' é o título do proxecto co que un grupo de mozos descendentes de galegos reivindican a súa galeguidade na Arxentina. É un vídeo que percorre algúns dos lugares máis característicos da capital riopratense para deixar constancia de que o país austral segue a ser moi galego.



Naceron na Arxentina pero séntense tan galegos coma o que máis. Un grupo de mozos da Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires quixo deixar claro que, a pesares do paso do tempo, Galicia segue a medrar en Bos Aires cada día. Unha idea que plasmaron nun vídeo que se fixo viral en só unhas horas.

En pouco máis de tres minutos deixan claro que Galicia non só vive en Bos Aires a través dos centros galegos, senon tamén no día a día de moitos arxentinos e nas súas accións cotiás.
CORTE 1: Juan Manuel Naval - Productor e editor do vídeo
"A idea do proxecto é básicamente plasmar as cousas cotiás que vive un arxentino que ten a emigración enriba".
Fixérono en tempo récord para agasallar ós convidados dun gran xantar porteño, e despois de publicalo nas redes sociais, en só 9 horas o vídeo logrou máis de 12.000 reproduccións e recibiu eloxios de diferentes partes do mundo.

A idea de subilo a internet tamén foi esa, ver que xente que non ten nada que ver coas sociedades galegas pode vivir e sentir Galicia dende outro lugar".

Na Arxentina, a iniciativa cativou a galegos e locais por igual.

"O que me gustou do vídeo é como está compaxinada a imaxe coa música. A primera imaxe que se me vén á cabeza é a do mozo que está a tocar a gaita no metro. Encantoume esa imaxe".

"Sentín que identifica realmente o que é o espírito galego aquí".
Un éxito inesperado do que os impulsores se senten moi orgullosos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

01/01/2018