CRTVG

Buscar

Un vídeo denuncia o terrible maltrato animal nun laboratorio alemán

Publicado o 17/10/2019 15:20

A pregunta é por que tolearon estes monos que só dan voltas e voltas sobre si mesmos, e a resposta produce arrepíos. Porque que os ameacen con golpealos non é o peor que lles pasa aquí.

Estamos en Europa, Alemaña, Hamburgo. Estamos en LPT, laboratorio que fai probas de toxicidade para compañías farmacéuticas e agroquímicas de todo o mundo. Dedícanse a facer que os seus produtos non sobrepasen os máximos legais de toxicidade.

Iso implica que envelenan os animais para saber que cantidade de cada substancia pode causar dano. Inxéctanllelas ou fánllelas comer ou inhalar en cantidades cada vez máis grandes. As consecuencias inclúen vómitos, dificultade respiratoria, hemorraxias, mesmo a morte.

Cans moribundos, gatos cos patas peladas logo de 13 inxeccións diarias e monos en poldros de tortura propios do cine de terror.

As imaxes gravounas un activista dunha asociación protectora de animais que se infiltrou como traballador. Denuncian que violan claramente as leis de protección animal da Unión Europea. Piden o peche do laboratorio.



 

Noticias web

17/10/2019