CRTVG

Buscar

Unha vertedura puido causar a morte masiva de peixes no Guadiana

Publicado o 13/09/2019 14:49

Unha vertedura puido causar a morte de milleiros de peixes no Guadiana ao seu paso por Luciana, en Cidade Real.

Os veciños que alertaron da situación dixeron que na zona había un cheiro desagradable e que auga parecía sucia ou cunha cor estraña. Os axentes de Medio Ambiente do Goberno de Castela-A Mancha que investigan as causas da mortaldade masiva recolleron mostras para analizar. Non desbotan que os peixes morreran por culpa dunha vertedura.

Noticias web

13/09/2019