CRTVG

Buscar

Un verán en autocaravana: cada vez máis viaxeiros se apuntan a esta modalidade

Publicado o 17/08/2021 17:51

A Asociación Galega de Autocaravanas ten rexistradas preto de 800 usuarios. Este estilo de viaxar xa viña gañando adeptos nos últimos anos, e coa pandemia sumou aínda máis. A proba está a vista, estas casas con rodas son xa visitantes asiduas da nosa comunidade. 

Segundo o rexistro da Xunta, en Galicia hai 128 áreas de servizo habilitadas para as autocaravanas, unha modalidade de turismo que aumenta ano tras ano. 

As vendas destes vehículos en España veñen aumentando dende o ano 2014 ata o 2019. A pandemia supuxo unha parada, pero todo apunta a que as autocaravanas viñeron para quedar.

Noticias web

17/08/2021