CRTVG

Buscar

Un vendedor ambulante acoitela o xefe da Policía Local de Punta Umbría

Publicado o 07/08/2019 19:57

O xefe da Policía Local de Punta Umbría foi acoitelado hoxe durante un operativo contra a venda ambulante na praia. Os axentes intentaban incautarse das latas dun dos vendedores. En medio do forcexo aparece outro e bótase contra un dos policías.

O home levaba un arma branca e asestoulle tres coiteladas antes de ser inmobilizado por outros axentes e un bañista que estaba na praia.

O ferido é o xefe da Policía Local. Está hospitalizado pero estable. Hai tres detidos en relación coa agresión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019