CRTVG

Buscar

Un vehículo que circulaba en sentido contrario provoca un accidente na AP-9F en Neda

Publicado o 06/05/2019 19:37
Un vehículo que circulaba en sentido contrario provoca un accidente na AP-9F en Neda

Un vehículo que circulaba en sentido contrario ao seu paso polo Concello coruñés de Neda provocou un accidente e mesmo algunhas retencións na AP-9F, en Neda.

Varias persoas avisaron o 112 sobre as 17,15 horas. O vehículo dirixíase en dirección á Coruña polo carril que leva a Ferrol e, como consecuencia da súa presenza, un turismo que tentou esquivalo impactou contra o bordo da estrada sen que o condutor quedase ferido.

Tras recibir o aviso, o 112 informou a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Ferrol e o servizo de mantemento da vía.

Noticias web

06/05/2019