CRTVG

Buscar

Un vehículo envorca na VG-20 en dirección Vigo e deixa unha persoa ferida e importantes retencións

Publicado o 24/06/2019 12:04

Un vehículo envorcou este luns arredor das 8,50 horas na VG-20, á altura da conexión coa AP-9 en dirección a Vigo, e xerou importantes retencións na vía.

Segundo detallou Emerxencias 112, os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 161 e foron notificados por varios particulares que circulaban pola vía. Posteriormente, a central de comunicacións informou do ocorrido ao servizo de Urxencias do 061, os Bombeiros de Vigo, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, Protección Civil e o servizo de mantemento de estradas.

Unha vez no lugar dos feitos, os bombeiros comprobaron que a persoa que viaxaba no vehículo accidentado xa se atopaba fóra do mesmo, xa que recibira axuda doutras persoas para abandonalo. Por esta razón, non foi necesario liberalo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019