Un veciño de Curtis pide compensacións polos danos do xabaril
Publicado o 29/06/2020 14:07
Un veciño de Vilardois, no concello de Curtis, pide que a Xunta lle pague os danos que lle ocasiona o xabaril. O dono conta que o porco bravo está a estragarlle unha plantación de patacas que ten preto da casa e ao lado doutra á que non entra porque ten instalado un pastor eléctirico.
Polo que di, o porco bravo entroulle varias veces na parcela que dá ao lado do monte e deixoulla estragada. Afirmou que vai presentar diversas denuncias para que a administración atenda o seu problema.