CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un veciño do Vao donou parte dos cartos que lle tocaron na lotería os servizos sociais

Publicado o 31/01/2018 21:19


Un anónimo doou parte dos cartos da Lotería de Nadal ao Centro de Servizos Sociais de Poio. Trátase dunha persoa do poboado do Vao que foi agraciada co segundo premio.

Para entender mellor esta historia temos que remontarnos ao 22 de decembro. O 51244 foi o décimo que obtivo o segundo premio na Lotería de Nadal. Entre os gañadores, as familias xitanas do poboado do Vao. Un deles, que quere conservar o anonimato, realizou unha doazón "moi xenerosa" ao Centro de Servizos Sociais de Poio. Cartos que a persoa quere que vaian destinados para a partida de urxencia, da cal el foi usuario.

O anónimo presentouse o 25 de xaneiro co diñeiro na man. Rosa Fernández, a Concelleira de Benestar Social de Poio, explícanos que agora os encargados do diñeiro son os traballadores sociais.

Atribúelle o acto desta persoa ao bo facer que teñen os servizos sociais. Unha axuda inesperada pero que é necesaria para que continúen co seu labor nas mellores condicións posibles.

Telexornal Serán

31/01/2018