CRTVG

Buscar

Un veciño do Grove terá que derrubar parte da vivenda tras 24 anos de litixios

Publicado o 01/04/2021 14:10

En tres meses Abilio terá que derrubar a segunda planta da súa casa. Foi o requerimento que lle fixo o Concello do Grove despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditaminase que a vivenda excedía a altura permitida na zona. O propietario, que leva 24 anos de litixios cos seus veciños, pide que lle den máis tempo para facer as modificación oportunas e que lle permitan facelo de tal forma que non teña que abandonar o seu domicilio.

Os veciños piden que se execute a sentenza e lembran que que a vivenda xa foi declarada ilegal no ano 1997. José Carlos asegura que intentaron chegar a un acordo para evitar o derrubamento; unha oferta que Abilio interpretou coma un intento de extorsión.

Os veciños de Abilio aseguran que seguen abertos a negociar para que non se aplique a orde de derrubamento parcial pero semella tantos anos de litixios pasaron factura e vai ser complicado chegar a un acordo.

 

Noticias web

01/04/2021