CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un veciño do concello coruñés de Vilasantar foi distinguido como mellor condutor de España

Publicado o 31/01/2018 14:31
Non fixo ningunha infracción ao volante en milleiros de quilómetros. E tal pulcritude coas normas valeulle este título: o mellor condutor de España. O gañador é Juan José Seoane, un veciño de Vilasantar que leva 20 anos sendo carteiro rural. Só pola súa profesión percorre uns 50.000 quilómetros ao ano.





El no se dá importancia porque na aplicación de móbil DriveSmart o elixiran mellor condutor de España despois de monitorizar a súa condución durante meses, analizar a eficiciencia ao volante e constatar que non cometeu ningunha infración. Juan José Seoane, de Vilasantar, impúxose a preto de 3.000 choferes e di orgulloso que leva catro meses consecutivos impecables, sen perder nin un só punto.

O éxito está en conducir de xeito impecable sempre. Para el o coche é o medio de traballo; percorre a diario estradas e camiños do rural. E así leva máis de vinte anos.

O premio que lle dan como mellor condutor de España é o seguro do coche por un ano. Como acaba de renovar coa súa aseguradora, pediu que llo deran en metálico e os 300 euros dóaos ao colexio de Vilasantar.

Juan José di que para non ter que andar a correr e arriscando en velocidade co coche o mellor é saír algo antes.

Segundo nos conta este carteiro pertencente á oficina de Curtis, na súa xornada laboral máis de seis horas son de condución no reparto de envíos postais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí