CRTVG

Buscar

Un veciño de Vilalba pecha unha granxa de polos para crear unha de pitas en liberdade para poñer ovos campeiros

Publicado o 19/08/2021 11:19

Pasan a maior parte do día ao aire libre e picando cando teñen fame en 15.000 metros cadrados na parroquia de Sancovade, en Vilalba. Na dieta das galiñas de Huevos de Andrade hai cereais, pero tamén produtos da horta.

O que buscan Fernando e Paula é que as súas pitas vivan do xeito máis parecido a como vivían as galiñas da casa. Cada día recollen manualmente os ovos que poñen. Agora teñen 1.200 pitas, como moito queren chegar ás 2.500.

Ademais de buscar un ovo campeiro, perseguen tamén potenciar o comercio local e o consumo sostible. A opinión dos clientes será a proba de que estas galiñas criadas libres na Terra Chá poñen ovos saborosos e de calidade.

Noticias web

19/08/2021