CRTVG

Buscar

Un veciño de Vilalba fai 100 anos en plena forma

Publicado o 08/02/2019 17:47

José Calaza chega aos cen anos da mellor maneira posible, rodeado dos seus e cunha saúde excelente.
No seu día a día segue a manter as rutinas de sempre, fai deporte ata unha hora de bici estática, toma café e vai xogar a partida.

" Tomo o almorzo, café con leite con mel e despois a mediodía como sopa ou que haxa e a cea volvo repetir o almorzo",contanos José.

 "El andou moito en bicicleta e cando se xubilou levou unha vida normal, cazaba, ía ás troitas, gústalle moitísimo xogar, que aínda xoga hoxe", di a súa filla Paz.

Unha vida tan longa deulle para traballar na construción e na madeira e tamén para ser testemuña de como foi cambiando o mundo. " Daquela había menos libertad que agora", reflexiona José.En Martiñán na parroquia vilalbesa de Corvelle, José celebra hoxe o seu século de vida con parte da súa extensa familia, ten 6 fillos, 12 netos, 13 bisnetos e 3 tataranetos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019