CRTVG

Buscar

Un veciño de Vigo localiza un neno de dous anos que marchara da casa co can

Publicado o 11/06/2019 13:57

Curiosa historia a dun neno de só dous anos que foi localizado pola policía en Vigo, andando pola rúa acompañado polo seu can.

O pequeno marchara da casa da súa avoa, parece que coa axuda do animal. O can abriu a porta do domicilio, que non estaba pechada con chave, e o cativo saíu á rúa a dar un paseo con el. Ambos camiñaron pola estrada de Bembrive ata que un veciño deu con el. O home alertou á policía, que o devolveu á súa familia san e salvo.

En só catro días desapareceron en Vigo catro menores, pero todo quedou nun susto, xa que eran localizados horas despois de avisar as forzas de seguridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019