CRTVG

Buscar

Un veciño de Tomiño crea bonsais a partir das árbores

Publicado o 06/05/2021 14:47

Cando Javier comezou hai un cuarto de século, tirou de libros e fotografías, apenas había Internet e así foi convertendo árbores e plantas nestas pequenas xoias, desde esta feixoa ata castiñeiros, carballos, magnolios, olmos, madroños, rododendros, buxos, acivros ou abeleiras. As súas favoritas son as galegas. Cada unha delas, todas ecolóxicas, leva un traballo artístico pero tamén é produto da acción da natureza.

Javier, que vende algunha das súas creacións e tamén dá clases desta arte, valora todas as pezas, aínda que recoñece que algunhas especies ou as de máis idade teñen máis valor económico. Non emprega tratamento ningún, vai coidando as ábores coas mans e con algunha ferramenta, revísaas cada día e presta atención ao que precisan. Calquera de nós podería ter unha delas, os seus prezos van dos vinte aos milleiros de euros.