CRTVG

Buscar

Un veciño de Toén cóntanos como salvou o seu fillo das fauces dunha loba hai 50 anos

Publicado o 11/10/2018 14:32

Son poucos os que poden contar que sobreviviron ao ataque dun lobo. No concello ourensán de Toén, hai medio século, un neno de só ano e medio foi rescatado das fauces dunha loba polo seu pai. Hoxe os dous cóntannos como foi aquela experiencia.

Era un oito de setembro de hai 50 anos. Carlos e a súa muller estaban a traballar nunha viña. Os seus fillos, un de oito anos e outro de 17 meses, comían uvas nunha beira.

Pasou medio século pero Carlos non esquece a imaxe daquela loba. Co paso dos anos Manuel aprendeu a vivir coa pegada do lobo no seu corpo.

Tenlle respecto a un animal que só 6 anos despois mataba un neno no concello veciño de San Cibrao da Viñas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018