CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un veciño de Santiso recolle unhas patacas máis grandes do normal

Publicado o 27/09/2017 14:28

Outro produto que se está a recoller é a pataca. Unha colleita que na aldea de Pezobre, no concello de Santiso, deixou tres exemplares fóra do común. Unha das patacas pesa, ela soíña, 1 quilo setecentos gramos, e entre as tres pasan dos catro quilos. O dono non ten explicación a estes exemplares, pero está encantado.

Así de orgulloso amosa Manuel Val as "tres fenómenas" referíndose ás tres grandes patacas que colleitou nun dos seus terreos na aldea de Pezobre, no concello coruñés de Santiso.

Manuel non se explica cómo saíron estes exemplares. Di que a semente lla deu un veciño para sementar un terreo que levaba médio século sen traballar.

Manuel, que produce para consumo propio, asegura que estas tres pezas as vai manter ata o final e serán as últimas de toda a colleita que meterá no pote.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí