Un ferido leve, excarcerado tras envorcar o seu turismo en Quintela de Leirado
Espectacular accidente que por fortuna se saldou só co condutor do vehículo ferido leve. Ocorreu na mañá deste domingo en Quintela de Leirado, no quilómetro 574 da estrada N-120, en sentido Vigo. Segundo declaracións do propio afectado, o home madrugou e na viaxe de retorno á súa casa sufriu un episodio de somnolencia, e como consecuencia o vehículo foíselle da vía e petou conta o bordo da beirarúa envorcou posteriormente.
A Garda Civil lembra que, co aumento de circulación que se está producindo nos últimos días no proceso de desescalada, faise necesario extremar as precaucións e cautelas nas estradas.
Esta tarde, no km. 32,500 da AC-550 en Carnota, un motorista sufriu tamén unha caída e foi trasladado a un centro hospitalario, sen que por agora se dispoñan de máis datos.
En Moeche, pouco despois das catro, na estrada de Baloucos-As Somozas produciuse outra caída de moto. E lembren que este sábado, no concello do Rosal, houbo un accidente mortal. A vítima, un motorista veciño de Oia.
Imaxes cedidas pola Garda Civil de Tráfico de Ourense.