CRTVG

Buscar

Un veciño de Salceda mata o seu irmán cunha aixada

Publicado o 31/08/2019 14:16

• O agresor, en dependencias da Garda Civil de Baiona, confesou que o golpeou na cabeza tras unha discusión

Un veciño de Salceda de Caselas matou o seu irmán cun sacho, segundo el mesmo lle confesou á Garda Civil. A vitima, de 51 anos, foi trasladada con vida ao hospital Alvaro Cunqueiro, pero finalmente faleceu. Os feitos aconteceron pouco despois das 8 da tarde deste venres no barrio da Corisca da parroquia de Entenza. O falecido era moi coñecido na zona porque ata este mes de xuño fora presidente da comunidade de montes de Enteza, en Salceda de Caselas. A Garda Civil investiga agora por que o seu irmán Santos, tal como el confesou, lle deu un golpe na cabeza cun sacho que lle custou a vida. O falecido perdeu masa cerebral e moito sangue. Os servizos sanitarios non puideron facer nada cando chegaron ao lugar para atendelo. O presunto asasino, de 49 anos, está nestes momentos no cuartel de Baiona á espera de pasar a disposición xudicial. 

A vítima Ángel Caballero tamén facía moita vida social na veciña Arantei no concello de Salvaterra, todos os días botaba a partida co seu grupo de amigos que hoxe están desolados. Moitos coñecían as desavinzas entre ambos os irmáns, e a algúns veciños non os sorprendeu o terrible desenlace.A súa velación terá lugar a partir do luns no tanatorio San Marcos de Salvaterra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/08/2019