Un veciño de Rianxo recibe 25 picadas de 'velutina' na cabeza cando limpaba o tellado
Publicado o 08/06/2020 21:24

Nada menos que 25 picadas de avespa velutina recibiu na cabeza un veciño de Rianxo cando limpaba o tellado dun alpendre na súa casa. O home tivo que ser trasladado ao hospital de Santiago. Ía consciente e o seu estado, en principio, non revestía gravidade, aínda que está en observación por se o veleno fai efecto máis tarde.
Foi no lugar de Rial. Os bombeiros retiraron o niño intres despois do ataque.