Un veciño do Porriño demanda o arranxo das fochancas plantando nelas flores
Contámoslles agora a curiosa e florida iniciativa dun veciño do Porriño. Decidiu plantar flores nas fochancas que hai en Pontellas, onde reside. Quere denunciar así o mal estado das estradas nesta parroquia, demandar o seu arranxo e, de paso, sinalizar os fochos para impedir accidentes.
Milleiros de persoas aplaudiron a súa iniciativa nas redes sociais e xa recibe chamadas de afectados doutras parroquias. E é que a fórmula "flores contra as fochancas" parece dar resultado.
Unha focha no seu barrio provocoulle a José danos no coche e, para que a outros veciños non lle pasara, decidiu sinalizala con plantas.
Con estas plantacións pretende denunciar o mal estado das estradas da súa parroquia e esixir ao Concello o seu arranxo. A iniciativa converteuse nun éxito e algunhas fochas xa foron reparadas.
José sabe que a vida desta plantas non será moi longa. Porén agarda que pague a pena e pronto poida deixar de facer fochos floridos en Pontellas.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí