CRTVG

Buscar

Un veciño de Ponteareas denuncia ameazas do inquilino que lle debe 16 meses de alugueiro

Publicado o 05/03/2021 13:05

Un veciño de Ponteareas denuncia o seu inquilino por levar máis dun ano sen pagar o alugueiro, as subministracións de auga e luz e de ameazar a súa familia. Porén, asegura que non ten xeito de botalo da casa ata o xuízo, que será en maio. 

Xosé Carlos vive a carón do seu inquilino, que lle debe xa 16 meses de alugueiro. Non lle pagou, segundo denuncia, nin sequera os cartos que lle facilitou o Concello a través dos servizos sociais para este fin.

Tampouco paga a auga nin a luz, pero non por iso deixa de consumir o que lle parece. O propietario conseguíu baixar a potencia contratada polo que o inquilino o denunciou e terá que ir a xuízo axiña.

Ata maio deberá agardar para que os xulgados decidan sobre o posible desaloxo do inquilino, mentres a súa familia é vítima de amenazas. Xosé Carlos séntese só e desprotexido, mentres "o seu inquilino e a súa parella viven de balde á súa costa", lamenta.

Noticias web

05/03/2021