CRTVG

Buscar

Un veciño de Palas de Rei queda sen herdanza por refacer a súa vida tras o falecemento da súa muller

Publicado o 17/06/2021 14:49

Un veciño de Palas de Rei está a piques de perder a sua herdanza por refacer a súa vida tras o falecemento da súa muller. Esta deixou recollido no seu testamento unha condición: se o seu marido quería gozar do que lle correspondía, prohibíalle contraer un segundo matrimonio. O home, aínda que non casou, si mantivo outra relación e agora a Audiencia Provincial da Coruña considera que se incumpriron as condicións impostas pola falecida para recibir a herdanza. 

A convivencia que mantivo coa segunda parella pode equipararse ao matrimonio e, en consecuencia, retíraselle a condición de herdeiro e non pode seguir gozando dos bens, xa que así o deixou por escrito a súa muller. 

Agora son as irmás da falecida as que se converten nas herdeiras, aínda que a sentenza pode ser recorrida. 

Noticias web

17/06/2021