CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un veciño de Ourense colecciona coches Dodge con motor Barreiros

Publicado o 13/09/2017 14:32


Un veciño de Ourense ten cinco Dogde e nun mes faráse co sexto. Colecciónaos porque é un apaixonado dos vehículos antigos, pero non lle vale calquera, só quere os que están fabricados polo ourensán Eduardo Barreiros. Busca estes motores por toda España.



Alfonso é un apaixonado de Eduardo Barreiros, un dos grandes emprendedores galegos, un referente mundial no sector do automóbil.

"A maior vitud que teñen estes coches é que os fabricou un paisano noso, Eduardo Barreiros eu penso que se non os fabricara el non os tería" di Alfonso Vázquez.

Ten no seu poder cinco dos seus famosos Dodge, cada un coas súas peculiaridades.

"O primeiro qu houbo en España de Dodge dark era o 270 que era este negro que vedes aqui dicen que é o mellor motor que se fabricou en Villaverde nera un motor que estaba feito para rodar un millón de quilóemtros, un coche de pouco consumo ao ser o primeiro modelo de gran luxo que chega a España, é o coche dos centros oficiais, dos ministros, de Franco... Este e un Dodge dark do 66 é un modelo que ten un motor de seis cilindros en liña con 145 cabalos e ten a curisidade que as marchas están no volante ten tres marchas", di Alfonso

Duascentas mil pesetas custaba este coche cando un utilitario custada 60.000. Amósaos orgulloso, un modelo que marcou época. Coches históricos que viviron tamén momentos históricos

"Nun coche coma este foi no que asasinario a Carrero Blanco, naceu na terra, viviu no mar e subiu ao ceo nun dodge dark que eso é mentira Carrero Blanco morreu nun 3700 gt que é o mais moderno e foi o ultimo que se fabricou en Villaverde. Case todas as noites do ano vou a xunto dele a saludalos"

Asegura que sempre hai sitio para máis.

"O coche canto máis orixinal estea mellor, pode ter algun golpiño pero so non se pode tocar son coches de 50 anos que que son así hai que trlle boa mecánica"

Búscaos por todos os recunchos. Xa ten apalabrado un sexto coche.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí