CRTVG

Buscar

Un veciño de Nigrán rouba pedra da praza do concello para utilizala no seu chalé

Publicado o 25/01/2019 14:32

O concello de Gondomar está a acometer unha cobizosa reforma desta céntrica praza de Gondomar con lousas de pedra e estas vistosas lastras de cor, que lle gustaron ao autor do roubo que levou boa parte dun palé sen se decatar de que alguén o viu e anotou a súa matrícula. Inicialmente roubara só corenta lastras, pero o responsable da empresa temeu que o roubo se repetise.

Coa pegada da matrícula, a Garda Civil deu axiña co propietario da furgoneta. Segundo algúns testemuños, tiña previsto empregar o material de obra nunha casa que está a construír en Patos, no concello de Nigrán. Probablemente, nunca pensou que o ían atopar tan doadamente.

O encargado da empresa construtora xa ten no seu poder as lastras roubadas, pero a denuncia segue o seu curso. O autor do roubo podería pagar, finalmente, moitos máis cartos dos que pretendeu aforrar subtraendo as pedras.

Noticias web

25/01/2019