Un veciño de Moaña caza velutinas empregando feromonas
A preocupación polo aumento da poboación de avespas velutinas en Moaña levou os apicultores do Morrazo a buscar métodos efectivos para combatelas. Agora utilizan o que denominan as trampas do sexo. Trátase de artefactos para cazar exemplares machos, co novo método da feromona.
Este método de captura de avespas velutinas pretende probar a eficacia da feromona como atraente sexual dos machos. Unha trampa mortal que axuda a reducir o número de machos para poder fecundalas.
Esa trampa non é a única combinación utilizada para loitar contra a velutina. Existen outras tres nas que mesturan feromona, líquido atraente e mesmo auga. Na contorna do Morrazo levan un mes facendo estas probas en cinco localizacións diferentes.
Os resultados determinarán cal é a combinación máis efectiva dependendo do lugar e da época do ano. De feito, o outono é unha boa estación para capturar os machos, mentres que a primavera é boa para facelo coas raíñas, que rematan a súa hibernación.
A súa presenza é cada vez maior e tamén os seus perigos. Un veciño de Pantón, en Lugo, faleceu cando foi atacado por estas avespas cando rozaba unha silveira. A colaboración das administracións e o bo traballo de veciños e apicultores axudan a diminuír o número de niños. Bueu é un deses concellos que non chega a cen.