CRTVG

Buscar

Un veciño de Meirás cultiva un tomate de dous quilos

Publicado o 24/08/2019 21:03

No invernadoiro do veciño de Sada que lles imos presentar hai unha tomateira fóra do común.
Na horta que Ángel ten preto do Pazo de Meirás medrou un tomate de máis de dous quilos. É o máis grande que logrou nestas terras, aínda que non é o primeiro de dimensións esaxeradas que cultiva. O home veuse obrigado a colocar vexetal sobre un soporte de madeira para non estragar a planta co peso. Ángel recoñece que é un experto en cultivar ao grande. Hai uns anos unha das súas coles chegou aos cinco metros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019

Máis sobre sada