Un veciño de Meaño de 52 anos morre en Nixeria con sinais de coronavirus
Publicado o 03/05/2020 19:54

Un galego morreu de xeito repentino en Nixeria, con síntomas compatibles cunha infección de coronavirus.
O home de 52 anos, nado en Ribadumia e veciño de Meaño, presentou os primeiros síntomas cunha febre alta e faleceu no hospital, onde estivo tres días ingresado. O home estaba vinculado ao sector da construción e levaba cinco anos no país africano.
Nixeria leva un mes en confinamento e comeza a súa desescalada este luns. A pesar de ser un dos países máis grandes de África, suma menos de 2.500 casos e 85 mortos.