CRTVG

Buscar

Un veciño de Culleredo pide que o Concello limpe unha propiedade abandonada

Publicado o 06/02/2019 13:25

Un residente na zona de monte Alfeirán, en Culleredo, preto da Coruña, decidiuse a denunciar publicamente o estado de abandono en que está o terreo lindeiro coa súa vivenda.

"A min tráeme prexuízos. Teño que andar podando a maleza que vén para o meu terreo e teño medo pola vida".

A propiedade en cuestión leva anos abandonada. A vexetación que medrou sen control oculta case por completo unha casa unifamiliar de varias alturas. Despois de que morreran os propietarios, a casa estivo ocupada, coa conseguinte preocupación dos veciños. O actual propietario está en paradoiro descoñecido. 

"Estamos rodeados de matogueira e calquera día prende lume e acabamos todos queimados. Levamos cinco anos pedíndolle ao Concello que tome medidas de precaución e seguen igual. Paréceme que despois de cinco anos o xulgado tería resolto o problema se se preocupase".

Amadeo reclama que o Concello execute a limpeza do terreo sen máis demora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2019