CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un veciño de Covelo pide axuda para atopar a súa vaca

Publicado o 21/09/2017 14:27

Cesáreo é un veciño de Covelo que perdeu a súa vaquiña Cuca. E pide axuda para atopala. Cuca ten tres anos, e fuxiu da casa hai unha semana, asustada polos foguetes das festas. É rubia e ten crotal e mesmo unha cadea ao pescozo. O mesmo día foi vista en dous puntos da comarca, pero hai días que o seu propietario non sabe nada de Cuca. Cesáreo quere recuperala, e ata nos deu o seu número de teléfono para que o chamen vostedes, se a ven ou se teñen algunha pista dela.

Cuca pacía neste predio, cando asustada polos foguetes das festas fuxiu despavorida, deixando desolado ao seu propietario. Por iso Cesáreo solicita axuda para atopala, neste teléfono. Cuca é unha vaca de cría, rubia, de tres anos, ten crotal e leva tamén unha cadeíña.

Cesáreo botouna de menos o pasado xoves. Aquel mesmo día vírona correndo desbocada por Lougares, en Mondariz, e outros lugares da bisbarra, pero desde aquela non sabe nada dela. Ao ritmo que levaba o animal pode estar xa en Ourense.

O seu propietario pide que o chamen se a ven, xa que pode ser difícil de capturar se non coñece as persoas.

Logo dunha semana de fuxida, Cesáreo aínda agarda atopar a Cuca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí