CRTVG

Buscar

Un veciño de Cortegada regresa á casa tras pasar 102 días loitando contra o coronavirus no hospital

Publicado o 01/07/2020 20:37

É o emocionante recibimento da aldea de Meréns, no concello de Cortegada, ao seu veciño Manuel Vázquez, que volveu a casa despois de pasar 102 días ingresado por covid-19. Unha sentida homenaxe a este home de 71 anos que tras pasar 88 días na UCI do Complexo Hospital de Ourense logrou superar a enfermidade.

En Cortegada foi o único positivo. Este veciño contaxiárase nunha viaxe do Imserso a Benidorm. Aínda non está recuperado de todo, pero de seguro que na súa casa e preto dos seus é moito máis doado.

 

Noticias web

01/07/2020