Un veciño de Chantada acepta seis meses de prisión por deixar morrer 39 vacas
Un veciño de Chantada sentaba no banco dos acusados por deixar morrer por inanición 39 vacas da súa explotación. O caso descubriase en abril do 2016. Cando os axentes chegaron á granxa atoparon os cadáveres das reses en estado de descomposición e outros 24 exemplares máis que sobrevivían mal alimentados e con feridas por todo o corpo, que tamén acabaron falecendo. O home foi xulgado por un delito de maltrato animal.
Así o explicaba o avogado da acusación particular, Víctor Valladares: "Entendemos que estas reses morreron por desnutrición, por abandono absoluto do propietario, nunhas condiccións insalubres nas que estaba a explotación".
Para o avogado da defensa, o acusado é inocente e que os animais morreron por enfermidade. Fernando Lamelas: "Sempre lles proporcionou alimento e auga e sempre os atendeu perfectamente. Outra cousa é que por unha enfermidade os animais empezaron a morrer, nesa situación de bloqueo non soubo xestionar a retirada dos animais nin a limpeza das cortes".
Finalmente houbo acordo e o acusado aceptou seis meses de cárcere e a inhabilitación por dous anos para ter animais ao seu cargo.