CRTVG

Buscar

Un veciño de Cambados camiña ducias de quilómetros ao mes para recoller tapas solidarias

Publicado o 12/03/2021 14:29

A recollida de tapóns para recadar cartos con fins altruístas é unha acción moi estendida nos últimos tempos.

En Cambados ao falar disto xorde inmediatamente o nome de Hugo, un veciño moi apreciado que camiña ducias de quilómetros ao mes para ir recollendo as tapas solidarias.

Hugo é feliz recollendo os tapóns e anda quilómetros cada semana para ir enchendo o seu carro. Polo camiño recibe saúdos e palabras de afecto en calquera rúa de Cambados e nótase que é un veciño apreciado.

Ten 44 anos de idade e, como seu irmán, unha longa ristra de estancias no hospital desde que naceron. Sofren unha enfermidade rara, síndrome de Dubowitz, e ten na súa nai o gran soporte tamén para expresarse.

Cada vez que enche o carro volve ao baixo onde deposita e clasifica os tapóns. Hugo exhibe orgulloso o cartel que di que os beneficios da venda deste residuo irán para a axuda a Jairo, un cativo necesitado da acción solidaria.
 

Noticias web

12/03/2021