CRTVG

Buscar

Un veciño de Barro de 93 anos constrúe un 'papamóbil' para a súa moto eléctrica

Publicado o 27/05/2021 12:13

Manuel Pereira é un veciño de Barro e ten 93 anos. Transportista xubilado, sempre foi unha persoa moi activa, pero agora ten problemas de mobilidade e desprázase nunha moto eléctrica. E a chuvia e o frío supoñían un problema, así que tirou de enxeño.

Deseñou e construíu unha estrutura durante o confinamento. Empregou aluminio, plástico e cintas de persiana. Algúns materiais mesmo os mercou por Internet porque as novas tecnoloxías tampouco son un obstaculo para Manuel.

Ao 'papamóbil', como o bautizaron en Barro, non lle falta detalle: ten ata retrovisor, porque, aínda que os desprazamentos son curtos, a seguridade é importante. Manuel causa sensación cada vez que percorre os 200 metros que separan a súa casa da cantina da estación de Barro, para ir tomar o café a media mañá e parolar cos amigos. 

 

 

Noticias web

27/05/2021