CRTVG

Buscar

Un veciño de Aguiño agride os cobradores de morosos que foron notificarlle unha débeda

Publicado o 02/09/2021 12:55

Esnaquizado quedou o coche da empresa de cobramento de morosos tras a reacción violenta dun veciño de Aguiño ao que lle ían notificar unha débeda.

Recibiunos primeiro un mozo facéndolles fotos cun móbil. A continuación saíu da vivenda unha muller, á que lle pediron os datos para saber se era a debedora. Por resposta recibiron insultos e ameazas, pero a violencia estalou cando apareceu en escena un home, que se asañou cun dos empregados.

Ademais de agredir o cobrador, o home esnaquizoulle o teléfono, escachou os cristais dun coche da empresa e picoulle as rodas. Os traballadores tiveron que fuxir noutro vehículo, pero o agresor seguiunos

Na empresa aseguran que dun tempo para aquí están sufrindo con frecuencia este tipo de reaccións violentas. O traballador agredido está de baixa polas múltiples contusións que sufriu e os feitos xa foron denunciados.

Noticias web

02/09/2021