Un veciño da Illa de Arousa constrúe un belén artesanal
Publicado o 26/12/2019 14:26
Adonis e a súa filla Adriana ultiman os moitos detalles do gran belén que, ano tras ano, monta na súa casa este veciño da Illa. A cousa empezou xa hai tempo, unha tradición familiar que Adriana se encargou de promover cando era unha cativa, na súa escola infantil.
Adonis confecciona as construcións deste belén e vai engadindo, cada ano, novidades. De aí que lle quite horas ao descanso, ás fins de semana ou ás noites para ir traballando.
O castelo, as casiñas e obradoiros de oficios, o muíño e mesmo a cheminea fumegante dun dos talleres enriquecen o nacemento, que este ano ten peixes auténticos.
As portas da casa desta familia están abertas para quen queira ver a súa creación de Nadal.