Buscan un veciño da Bandeira (Silleda) que leva desaparecido oito días
Publicado o 02/07/2021 14:29
Unha vivenda da Bandeira, no concello de Silleda, é punto de confluencia de veciños que tratan de consolar a familia de Carlos Ares Duarte. O día 24 saíu andando despois de comer. El só, tomou un café nun bar e a partir de aí ninguén dá noticias de velo.
O seu teléfono móbil non está operativo. O home, de 48 anos de idade, está en plenas facultades, segundo as irmás, que tiveron que vir de Tenerife, onde traballan.
Nin a familia nin a veciñanza comprenden que lle puido pasar a Carlos. Descartan rotundamente que desaparecera pola súa vontade. A nai de Carlos, Ema, leva unha semana angustiada sen noticias do fillo, que é tamén o seu coidador e con quen comparte a vivenda acotío.