CRTVG

Buscar

Un veciño conflitivo agride cun garfo un axente de policía en Vilagarcía

Publicado o 06/10/2020 14:59

Durante o día de onte, os clientes dun centro termal de Vilagarcía máis que relaxarse, viviron momentos de moita tensión. Un veciño da zona, que ao parecer leva anos con problemas, estívoos atemorizando con berros, golpes e espidos.

Pero este suceso non foi algo illado. Os veciños, fartos, contáronnos que este home non está ben e leva anos dándolles problemas.

O desagradable suceso de onte á tarde rematou cun policía nacional agredido cun garfo e co home trasladado ao hospital para ser sometido a unha avaliación psiquiátrica.

Noticias web

06/10/2020