CRTVG

Buscar

Un veciño confesa que matou a Manuela Chavero, desaparecida hai catro anos

Publicado o 18/09/2020 15:00

Axentes do Equipo de Inspeccións Oculares da Garda Civil acompañados por cans adestrados buscan nuns terreos de Badaxoz o corpo da moza Manuela Chavero. Un veciño da vila acaba de confesar que a matou hai catro anos e que a enterrou nunha leira. Os achegados da vítima din que sempre desconfiaron del, pero que non tiñan probas.

María Cintar, amiga da moza asasinada:"Eu tíñao como principal sospeitoso pero nunca imaxinei que unha persoa con 24 anos puidera facer esa barbaridade e estar catro anos facendo unha vida normal e entón píllate por sorpresa. Dis, mimadriña, como puido facer iso".

O arrestado ten 28 anos e é un coñecido da vítima. Un veciño de toda a vida que vive a poucos metros da casa da muller. Na vila din que estaba obsesionado con ela. Ao parecer, os axentes detivérono despois de que a irmá da desaparecida recibira unha carta anónima acusándoo do crime. Entre o alivio e a tristeza, a familia agarda agora que el confese exactamente onde está o cadáver.

"É un alivio porque dis, descansamos, temos onde ir a vela. pero por outro lado tiñas ese mínimo de esperanza de volvela a ver, aínda que fose mínimo porque son catro anos e iso é moito tempo".

Manuela Chavero, con dous fillos, desapareceu en xullo de 2016 da súa casa. Alí deixou o móbil, as chaves, a documentación e a televisión e as luces acesas.
 

Noticias web

18/09/2020